Solapas principales

> Teatro: SOA

Sábado, 19 noviembre, 2022
Ás 20:30 horas

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro SOA o día 19 de novembro, ás 20:30. O espectáculo encádrase dentro da campaña de actividades programadas con motivo do 25N polo Concello de Ames, "Que o meu machismo non se converta no teu problema". A actriz protagonista, Rogelia dos Outeiros, encarna a unha muller maltratada física e psicoloxicamente que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa veciña unha confidente á que contarlle a súa historia, encontrando unha válvula de escape ás súas circunstancias. As entradas son de balde e os convites pódense retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames

 

A obra descobre a cruenta realidade dunha muller nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia. Tamén aparecen situacións cómicas para retratar a súa vida: un marido tolo, un cuñado enfermo e uns fillos ausentes, que se suman á soidade e ao machismo. Por outra banda, tamén se mostra a outra cara da moeda: a complicidade, a liberdade sexual, a autoestima e a esperanza.