Solapas principales

> Trouleando: aquapark de Cerceda

Martes, 28 junio, 2022
A partir das 10.30 horas

A Concellaría de Mocidade, a través do programa Trouleando, propón para o martes, 28 de xuño, unha refrescante xornada no aquapark de Cerceda. As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o 15 e o 18 de xuño. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

Para o mes de xuño, dentro do programa Trouleando, proponse unha xornada no aquapark de Cerceda, un parque acuático que dispón dunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. A actividade terá lugar o martes 28 de xuño.

O autobús sairá ás 10.30h dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e ás 10.45h dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participantes estarán de volta ás 21.15h no Milladoiro e as 21.30h en Bertamiráns.

Poden inscribirse os/as mozos/as empadroados/as no Concello de Ames, dende os 12 anos cumpridos (nados en 2009). Se queres participar cubre a ficha de inscrición e envíaa a omix@concellodeames.gal, o prazo para entregala é do 15 ao 18 de xuño, e as prazas son limitadas (por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles).

Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar 50, máscara e roupa de recambio. Ademais deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.

Será preciso contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Para calquera dúbida, pódese contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, a OMIX, no correo electrónico omix@concellodeames.gal.