Solapas principales

>Trouleando: "Galipark Padrón"

Sábado, 28 septiembre, 2024
A partir das 9:15 horas

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de setembro unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Galipark en Padrón, un parque multiaventuras cunha ampla e variada gama de actividades nas que pasar unha xornada de ocio en circuítos de altura (pontes colgantes), tirolina, rocódromo, tiro con arco, pistola láser tag, deslizador acuático e piscina. Será o sábado 28, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

Os rapaces e rapazas sairán en bus dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns (ás 9:15 horas) e dende a Casa da Cultura do Milladoiro (ás 9:30 horas). O regreso aproximado está previsto para as 14:30 horas no Milladoiro e para as 14:45 horas en Bertamiráns.