Solapas principales

>Trouleando: "Surf en Razo"

Sábado, 25 mayo, 2024
A partir das 8:30 horas

A través do programa Trouleando, a Concellaría de Xuventude de Ames organiza unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o sábado 25 de maio, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 6 e o 13 de maio (ambos incluídos). Ofértanse 40 prazas, que se asignarán por orde de chegada.

A praia de Razo conta con ondas constantes, garantindo a práctica de surf durante case todo o ano. Para a iniciación neste deporte é suficiente con saber nadar. Os participantes dividiranse en dous grupos e serán guiados por monitores/as. En primeiro lugar, recibirán uns consellos teóricos na area sobre movementos que deben facer na auga para poñerse de pé na táboa de surf. Posteriormente, poderán gozar da experiencia de coller as súas primeiras olas, acompañados/as en todo momento polos monitores/as.

Os rapaces e rapazas sairán en autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 8:30 horas, e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 8:45. A hora de regreso prevista será ás 15:15 (Bertamiráns) e ás 15:30 (O Milladoiro). Deberán ir equipados/as con roupa
e calzado cómodo, unha mochila pequena con traxe de baño, toalla, chanclas, gorra, crema de sol e, se queren, unha pequena merenda para media mañá.

A actividade é de balde, pero para participar é preciso anotarse previamente, enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 6 e o 13 de maio. Ofértanse un total de 40 prazas, que se irán asignando por orde de chegada dos correos ata completarse. Será necesario contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolver a iniciativa; en caso contrario, o Concello de Ames poderá anulala.

Para consultar calquera dúbida e obter máis información pódese contactar co departamento de Xuventude escribindo a xuventude@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 616 083 229