Solapas principales

>"Un conto para rir antes de durmir" en Bertamiráns

De Martes, 13 Mayo, 2025 hasta Jueves, 15 Mayo, 2025
Ás 17.30 horas

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.

A última das sesións realizarase no mes de maio, cos "Un conto para rir antes de durmir". En Bertamiráns estarán o martes 13, mércores 14 e xoves 15 de maio ás 17.30 horas. As inscricións para a actividade estarán abertas do 5 ao 10 de maio e pódense facer chamando ao 981 884 829 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.