Solapas principales

>VII Ames Jazz

De Viernes, 5 Julio, 2024 hasta Sábado, 6 Julio, 2024

O Pazo da Peregrina acolle a VII edición do programa Ames Jazz os días 5 e 6 de xullo. A iniciativa engloba os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”.

O primeiro dos concertos programados terá lugar o 5 de xullo, e correrá a cargo de María Toro Trío, integrado pola frautista e compositora María Toro, e polos músicos Guillermo Barrón e Adrián Alvarado. Trátase dun proxecto baseado na música flamenca que incorpora a profusión do jazz e doutras músicas populares.

Por outra banda, xa na segunda xornada, a do día 6, actuará o quinteto Kin García. O contrabaixista que lle da nome ao grupo, natural de Noia, é un dos músicos máis representativos do jazz galego e da world-music, cunha longa traxectoria nacional e internacional que no ano 2009 o levou a estar prenominado aos premios Grammy polo seu disco “Atlantic Bridge”. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de jazz, coa súa carreira persoal como intérprete.

Ademais, a oferta do festival complétase cun faladoiro sobre jazz e cunha proxección de cinema.

Por unha banda, o sábado 6 de xullo, ás 12:00 horas, terá lugar o faladoiro “Dende Galicia para o mundo”. O coloquio, que se celebrará no pub O Transistor, contará coa participación de Adrián Besada, Aitana Cuétara e Xacobe Martínez Antelo.

Ese mesmo día pola tarde, a proposta é un documental catalán: “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band”. Trátase dunha peza do director Ramón Tort protagonizada pola Sant Andreu Jazz Band. Esta orquestra, dirixida por Joan Chamorro, reúne a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos arredor dun repertorio de jazz clásico que enche os auditorios máis importantes dpo país. O filme é unha viaxe da man do director da orquestra, que somerxe ao espectador nun método de ensinanza tan singular como os resultados que xera .