Solapas principales

>Xantar-foliada en Trasmonte

Sábado, 25 mayo, 2024
A partir das 13:00 horas

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar.

A cita é o sábado, 25 de maio, ás 14.00 horas, no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina desde as 13:00 horas e moita música. Para participar nesta xornada, haberá que mercar entrada entre o 6 e o 19 de maio.  O prezo das entradas é de 17 euros para menores de once anos, e de 35 euros para os adultos

Ás 17:00 horas haberá unha foliada na que actuará a escola de Os Castros, e a partir das 18:00 horas será foliada libre, na que poderán todos os grupos que o desexen, así como calquera persoa que saiba tocar un instrumento tradicional ou queira animarse a bailar

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 690 962 363 ou visitar a páxina web www.acoscastros.es