- Tipo
- Tematica
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.
A aula de informática do Milladoiro, a AMTIC, organiza unha nova actividade para este xoves 17 de novembro. Trátase dunha xornada de ciberseguridade que se impartirá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade está aberta a todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo. Este tipo de xornadas son actividades complementarias que organiza a AMTIC de xeito paralelo aos cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural e aos cursos que se imparten nas instalacións da AMTIC.
Nesta conferencia tratarase o tema da manipulación e desinformación e os principais fraudes asociados a isto: phishing, compras en liñas, anuncios vacacionais, choios de segunda man. A conferencia será impartida por Nacho Álvarez, diplomado en Investigación Privada e graduado en Criminoloxía pola Universidade de Salamanca. Así mesmo, está habilitado como Xefe e director de Seguridade polo Ministerio do Interior, quen ademais outorgoulle a habilitación de Instrutor de Seguridade.
Tras colaborar durante dous anos para a Secretaría de Estado de Seguridade nun programa de investigación sobre homicidios no contexto da violencia de xénero, no ano 2018 comenzou a traballar en SIA como consultor de ciberseguridade, onde obtivo as certificacións de Auditor Xefe de Sistemas de Xestión de Seguridade da Información e como Auditor Xefe en Continuidade de Negocio. Actualmente, é responsable de formación e concienciación en ciberseguridade de Govertis – TelefónicaTech.