- Tematica
A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. O xoves 19 de novembro, Aixa Permuy organiza o encontro "Coeducación desde a infancia". Nesta xornada destinada a pais, nais e persoas educadoras, exporanse diferentes actividades para traballar a construción e deconstrución de estereotipos. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, a Concellaría de Benestar Social organiza a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. A programación, que consta de tres obradoiros de balde.
O obradoiro é "Coeducación desde a infancia", que se impartirá o xoves 19 de novembro, está destinado a pais, nais e persoas educadoras. Nesta xornada exporanse diferentes actividades e xogos a través dos cales se pretende traballar a construción e deconstrución de estereotipos tendo en conta as novas masculinidades e fomentando así a participación dos máis pequenos e pequenas nas actividades para a promoción da igualdade, xerando conciencia dende a infancia.
Aixa Permuy, quen imparte este obradoiro, é educadora social e pedagoga. Ademais, é doutora en educación e investigadora do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (EXDEHU). Para coñecer máis ás profesionais, preme nesta ligazón.
O obxectivo principal é crear distintas oportunidades de aprendizaxe e intercambio no que se poida analizar a igualdade e prevención da violencia de xénero a través de diferentes actividades, cun fin divulgativo e formativo, que contribúa ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal. As tres sesións realizaranse vía online de 19.00 a 20.30 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través desta páxina web.
Para máis información, pórse en contacto a través do número 669 962 249.