Solapas principales

> Xornadas Achégate á Igualdade

Jueves, 1 diciembre, 2022
De 9:30 a 14:30 horas

O día 1 de decembro celebraranse, un ano máis, as xornadas “Achégate á igualdade”, que se desenvolverán entre as 9:30 e as 14:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta ocasión asistirán profesionais do ámbito da saúde e expertas en violencia machista, e haberá unha mesa redonda e dúas conferencias. A xornada é gratuíta e con aforo limitado, e para participar é necesario inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico achegate22@gmail.com, indicando nome, apelidos e forma de asistencia: persoal ou por streaming.

Estarán presentes profesionais como Vanesa Rodríguez Pousada (psicóloga e sexóloga), Concepción Rodríguez Pérez (terapeuta do programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero), Chus Olivares Rodríguez (traballadora social feminista), e Amelia Tiganus (activista e escritora feminista). Nesta xornada tamén se contará co persoal do Centro de Información á Muller de Ames (María Teresa Arufe, directora do CIM, e Mónica Antelo, psicóloga do CIM), así como co coordinador e coordinadora de programas de prevención de “coidadosÁmente”, Juan Carlos Permuy e Belén Montesa.