Domingo, 14 julio, 2019
- Tematica
A carballeira de San Xoán de Ortoño acolle un ano máis a tradicional festa do chourizo ao viño este domingo, 14 de xullo. A xornada comezará ás 13.00h coa degustación do chourizo ao viño con cachelos e a orella de porco cocida, e está amenizada pola banda de gaitas Os Retranqueiros e a Tuna de Dereito de Santiago. Pola tarde ten lugar o Campionato de Chave por parellas, así como a actuación do dúo Eva e Camilo e o concerto folk de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.