- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Deporte celebra este venres, 19 de abril, a décimo sexta edición da Gala do Deporte, un evento no que se homenaxeará tanto aos e ás deportistas máis destacados/as do concello, como ás diversas entidades deportivas. O acto terá lugar ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e será presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño. Ademais, ofreceranse distintos espectáculos e animacións.
Os premios que se entregarán son os seguintes: deportista ou equipo máis destacado dun club de Ames, promesa masculina máis destacada, promesa feminina máis destacada, deportista masculino máis destacado, deportista feminina máis destacada e club máis destacado.
Así mesmo, como vén sendo habitual, hai unha categoría reservada ao premio do público, que puido votar ata este xoves a medianoite polo/a seu deportista favorito/a: Belén Fernández, Guillermo Carracedo, Nuria Rábano, Tariku Novales, Blanca Millán ou Pablo Hernández.
Os gañadores dos galardóns serán desvelados na propia gala, que os espectadores tamén poderán desfrutar de diversos espectáculos.