- Tipo
- Tematica
A programación do XVII Festival internacional de Maxia de Ames “FestiMax”, está composta por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste senso, o venres 21 de outubro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase o que será a principal novidade desta edición do festival de maxia. Trátase da Gala de novos talentos da maxia, que estará presentada polo mago Rafa e na que participarán Magic Mateo, Mago Iago, El Grand Na, Maga Aldara e Mago Alvart. Os convites para o espectáculo, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
O XVII Festival internacional de Maxia de Ames, organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. Preme nesta ligazón para descargar o programa do festival de maxia.