Viernes, 22 de julio de 2011
[22-07-2011] Pinchando na ligazón que aparece a carón deste texto poden descargar as bases de funcionamento dos programas lúdicos, a inscripción para o Setembro Lúdico 2011 así como a documentación a achegar para a bonificación das taxas. O servizo dos lúdicos permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. A data de inscripción para o setembro lúdico é do 26 de xullo ao 6 de agosto.