Solapas principales

Anuncio de convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames

Miércoles, 11 de julio de 2012

[11-07-2012] En cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial, o Concello de Ames informa de que se abre a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames.