Solapas principales

Convocatoria de bolsas para estudantes universitarios e non universitarios

Martes, 21 de agosto de 2012

[21-08-2012] O Concello de Ames informa de que o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso académico 2012-2013, cursen en centros españois ensinanzas universitarias con validez en todo o territorio nacional.

Tamén se convocan bolsas de carácter xeral para o alumnado que, no curso académico 2012-2013 curse algún dos estudos seguintes con validez en todo o territorio nacional:

- Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ensinanzas deportivas.
- Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluídos a modalidade de distancia.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Estudos relixiosos superiores.
- Estudos militares superiores.

Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre estas convocatorias de bolsas.