Solapas principales

A asociación cultural Follas Novas de Ames iniciará as súas actividades formativas en Aldea Nova o vindeiro 5 de outubro

Viernes, 14 de septiembre de 2012

[14-09-2012] As Aulas de Música e Bailes Tradicionais que organiza a asociación cultural Follas Novas de Ames comezarán o vindeiro 5 de outubro en Aldea Nova. As persoas interesadas en participar nestas actividades poden inscribirse a través do correo electrónico follasnovas.ames@gmail.com ou no teléfono 669641260.

Segundo informa a asociación a través do seu blog, http://follasnovas.blogspot.com, as actividades comezan o venres, 5 de outubro no caso de baile para adultos en horario de 20:30 a 21:50 horas en Aldea Nova. Tamén comezan o 5 de outubro as clases de acordeón cromático en horario de 19:30 a 21:30 horas.

O resto das actividades (canto, pandeireta e baile para cativos; gaita; acordeón diatónico; requinta; canto e pandeireta; percusión) comezan o sábado 6 de outubro a partir das 10:30 horas tamén en Aldea Nova.