[19-06-2013] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa de que este xoves 20 de xuño, ás 9:00 horas, celebrarase un sorteo para asignar as prazas do programa de Psicomotricidade Educativa e Preventiva para o próximo curso 2013-2014. Os nenos e nenas que sexan admitidos terán que formalizar a matrícula entre o día 21 e o 30 de xuño.
Esta actividade, que está dirixida aos nenos/as de 3 a 6 anos (etapa de educación infantil), desenvólvese nas aulas de psicomotricidade dos colexios de infantil, en Bertamiráns no CEIP A Maía e no CEIP Agro do Muíño, e no Milladoiro na escola infantil desta localidade. A actividade levarase a cabo cunha periodicidade dunha sesión semanal, cunha duración dunha hora, o longo do curso escolar. O obxectivo xeral que se persegue co programa de psicomotricidade educativa preventiva é favorecer o desenvolvemento do neno/a.