Solapas principales

Programa de vacacións para maiores (turismo social) 2013-2014

Miércoles, 26 de junio de 2013

[26-06-2013] O Concello de Ames informa a todos os veciños e veciñas que o IMSERSO do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade abriu o prazo para participar no programa de Vacacións para Maiores. Para ser beneficiario deste programa hai que ser maior de 65 anos; pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións; pensionista de viuvez con idade igual ou superior a 55 anos; pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilado e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar o bando informativo.

Ademais, poderá participar o seu cónxuxe ou parella de feito ao que non se lIes esixirán requisitos. Tamén poderán participar os fillos con discapacidade con un grao mínimo do 45% sempre e cando esta discapacidade lIes permita viaxar e o fagan acompañados do seus pais compartindo con eles habitación. En todo caso, deberá valerse por si mesmo e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

A información e entrega de solicitudes serán facilitadas nas oficinas de servizos sociais do concello, situadas no centro sociocultural de Bertamiráns e na oficina municipal do Milladoiro, lembrando que os dias de atención ao público son luns, martes e xoves. O prazo de presentación de solicitudes nas oficinas de servizos sociais remata o vindeiro 10 de xullo de 2013. No obstante, poderán presentarse ata o 12 de xullo a través de internet na páxina web do IMSERSO: www.imserso.es e ata 1 de decembro de 2013 para aquelas persoas que non houberan formulado no seu momento a solicitude. Neste caso non haberá baremación e será acreditado para cubrir as posibles vacantes que puideran producirse.