Solapas principales

Xa te podes inscribir no Campus de Tenis Concello de Ames

Jueves, 08 de mayo de 2014

[08-05-2014] A empresa Lapido Sport, en colaboración co Concello de Ames, organizan o XVI Campus de tenis LapidoSport – I Concello de Ames. Esta actividade deportiva, que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 16 anos, impartirase nas instalacións deportivas do Milladoiro. Os pais e nais que desexen inscribir aos seus fillos/as neste campus poderano facer por quincenas durante os meses de xullo e de agosto (primeira ou segunda quincena de xullo e primeira ou segunda quincena de agosto). Neste campus de verán combínase a aprendizaxe de inglés coa práctica do tenis. As inscricións para participar neste campus pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo campamentos@lapidosport.com. Para máis información hai que chamar ao número de teléfono 645 663 900 ou entrar na páxina web www.lapidosport.com. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición e o cartel do campus.

Este ano o Concello de Ames colabora no XVI Campus de tenis LapidoSport – I Concello de Ames, que organiza a entidade Lapido Sport. Nesta iniciativa colaboran outras entidades como son o Club de tenis Val da Mahía, Time Matters Sport Management e Profut. Trátase dun campamento de verán que combina principalmente a aprendizaxe de inglés coa práctica do tenis. Principalmente haberá clases de tenis, pero os participantes tamén practicarán outras modalidades deportivas como o baloncesto e o fútbol sala. Tamén haberá tempo para divertirse na piscina, realizando xogos ao aire libre, e participando en xogos de mesa e diferentes obradoiros.

Esta actividade deportiva, que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 16 anos, impartirase nas instalacións deportivas do Milladoiro. Haberá dous grupos: iniciación e avanzado. Para os participantes que xa están integrados no circuíto rexional xuvenil ou para os que queiran iniciarse na competición crearase un grupo específico de tenis avanzado, mentres que todos os rapaces e rapazas que estean comezando a practicar tenis farase un grupo de iniciación. Tamén se poden solicitar clases persoais con Miguel Lapido (campión galego individual +35 en 2008 e 2012 e campión de España de dobres +35 en 2013).

O programa do campamento desenvolverase de luns a venres, en horario de 8:45 a 15.30 horas. Á primeira hora realizarase a recepción dos participantes e a continuación comezarán a realizar diferentes actividades ata as 10:00 horas, momento no que os usuarios/as empezarán a desenvolver diversas actividades deportivas e didácticas. Ás 14:00 finalizarán estas actividades e media hora máis tarde será a hora de xantar finalizando a xornada ás 15:30 horas. Os días festivos non haberá campamento.

O prezo do campamento será de 84 euros para os rapaces e rapazas residentes en Ames, mentres que os que non residen en Ames terán que pagar 105 euros. Estes prezos son por neno/a e quincena. O bono semanal do restaurante terá un prezo de 30 euros. Cada rapaz/a poderá anotarse nunha ou en varias quincenas e poderán gozar de descontos nos prezos. Deste xeito, haberá un desconto do 5% no caso de anotarse dous irmáns; 10% para tres irmáns; e 15% para catro irmáns. Os participantes que se inscriban tres semanas terán un desconto do 5%; por catro semanas haberá un desconto do 10%; e por cinco ou máis semanas aplicarase un desconto do 15%. Estes descontos poden sumarse.

Os pais e nais que desexen inscribir aos seus fillos/as neste campus poderano facer por quincenas durante os meses de xullo e de agosto (primeira ou segunda quincena de xullo e primeira ou segunda quincena de agosto). Neste campus de verán combínase a aprendizaxe de inglés coa práctica do tenis. As inscricións para participar neste campus pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo campamentos@lapidosport.com. Para máis información hai que chamar ao número de teléfono 645 663 900 ou entrar na páxina web www.lapidosport.com.