Solapas principales

O Concello de Ames recibe una subvención de 145.000 euros da Consellería de Traballo para poñer en marcha a sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes-Brión

Jueves, 03 de julio de 2014

[03-07-2014] A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia acaba de comunicarlle ao Concello de Ames que lle concederá unha subvención de 144.606 euros para poñer en marcha a sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión. Trátase dunha iniciativa de formación para persoas desempregadas que nace da colaboración entre os dous municipios. En total, este programa dará formación para o emprego a 80 persoas desempregadas e conta cun orzamento total de 180.750 euros. Os Concellos de Ames e Brión porán 36.144 euros. Este ano a principal novidade é que o programa InserAmes-Brión terá unha maior duración que noutras edicións. Deste xeito, desenvolverase ao longo de 11 meses. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a empregabilidade dos participantes e aumentar as súas opcións de acceder a un posto de traballo.

A consellería de Traballo e Benestar vén de concederlle dúas importantes subvencións ao Concello de Ames por valor de 340.000 euros. Para desenvolver o obradoiro de emprego Entreríos concedeuse unha axuda de 195.000 euros, mentres que para a posta en marcha da sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión a Xunta de Galicia achegará preto de 145.000 euros. Tanto o obradoiro Entreríos como o programa integrado de emprego será realizado en colaboración entre os Concellos de Ames e Brión.

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Xunta de Galicia acaba de comunicarlle ao Concello de Ames que volverá a dispor dunha axuda para sufragar o 80% do programa integrado para o emprego InserAmes Brión. O financiamento deste programa realizarase a través dunha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar, dun total de 144.606 euros, mentres que a cantidade restante, que é 36.144 euros, será aportada polos dous concellos.

Dentro da liña de colaboración que veñen desenvolvendo os Concello de Ames e Brión, este ano volverán a organizar o programa integrado de emprego InserAmes-Brión. Esta é a segunda edición que se organiza de xeito conxunto entre os dous municipios, xa que permite prestar de forma eficaz e eficiente o servizo de programa integrado para o emprego e minora os custes económicos da prestación illada do devandito servizo. A finalidade desta iniciativa é posibilitar na actual situación de crise económica a prestación dun servizo que formará aos participantes e permitiría reducir o desemprego nos dous concellos.

Ofertaranse un total de 80 prazas
As accións formativas do programa InserAmes Brión están destinadas principalmente a mozos e mozas menores de 30 anos desempregados e sen cualificación profesional, aínda que tamén está aberta a outros colectivos con especiais dificultades para acceder a un emprego. Ofertaranse un total de 80 prazas para este programa. As persoas interesadas en participar neste programa integrado para o emprego xa poden anotarse a través das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, sinalando que desexan participar nesta acción formativa de inserción laboral.

As accións formativas do programa InserAmes Brión desenvolveranse principalmente nas dependencias do Centro de Formación Ocupacional que o Concello de Ames ten en Aldea Nova. Ao rematar a formación, os alumnos/as realizarán prácticas non laborais en empresas. Este ano a principal novidade é que o programa InserAmes-Brión terá unha maior duración que noutras edicións. Deste xeito, desenvolverase ao longo de 11 meses. Durante todo o programa os alumnos/as contarán co apoio de persoal especializado en asesoramento e formación.

O obxectivo deste programa é a inserción laboral de polo menos o 35% dos participantes naqueles eidos de maior índice de paro da nosa comarca. Cómpre destacar que dos 80 alumnos/as que participaron na sexta edición do programa integrado, un total de 23 xa atoparon algún emprego dende o pasado mes de novembro.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Traballo aportará 145.000 euros al plan laboral que comparten Ames y Brión"