Solapas principales

Cortes de tráfico e limitacións de estacionamento debido á XV Carreira Pedestre Concello de Ames

Jueves, 16 de octubre de 2014

[16-10-2014] Con motivo da celebración da XV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames que se celebrará o vindeiro domingo, 19 de outubro, nos arredores do Pazo da Peregrina, situado na localidade de Bertamiráns, producíranse unha serie de cortes na circulación do tráfico e haberá limitacións nas zonas de estacionamento da avenida José Luís Azcárraga. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido polo Concello de Ames.