Solapas principales

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS

Jueves, 05 de noviembre de 2015

[05-11-2015] O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amienses ao longo do exercicio 2015. En total, destínanse 20.000 euros para esta convocatoria de subvencións. A través destas achegas poderanse sufragar ata un máximo do 70% das saídas culturais ou das actividades extraescolares, que levan a cabo estas asociacións. As bases desta convocatoria de axudas xa saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.