Solapas principales

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, anuncia a posta en marcha da nova potabilizadora de Ponte Maceira para “antes do verán”

Miércoles, 21 de enero de 2015

[21-01-2015] A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou esta mañá as obras da estación de tratamento de auga potable que completa o novo sistema de abastecemento dos concellos de Ames e Brión xunto cos respectivos rexedores, Santiago Amor e Xosé Luis García. Durante o encontro a conselleira destacou que as obras supoñen “un investimento superior a oito millóns de euros” e anunciou que “estarán finalizadas antes do verán”. O financiamento repártese entre o 80 por cento da Xunta de Galicia e o 20 restante, os dous concellos.

Durante a visita institucional, á que tamén asistiu a concelleira amesá Eugenia Martín, a conselleira Vázquez subliñou que a infraestrutura contribuirá a mellorar o servizo de subministro de auga dos concellos de Ames e Brión, toda vez que incrementaron a súa poboación substancialmente nos últimos anos. E engadiu que Ames e Brión “disporán por primeira vez dun sistema de abastecemento propio a través do río Tambre, que lles garantirá o subministro sen depender doutros concellos ou traídas”.

A nova ETAP está situada preto da aldea de Ponte Maceira e terá unha capacidade de 175 litros por segundo para dar servizo a Ames e Brión, cuxa poboación suma 42.000 os habitantes. O proxecto inclúe 12 quilómetros de tubaxe, xa instalados na súa totalidade, así como un deposito de regulación e de cabeceira de 10.000 metros cúbicos que se conectará por gravidade e subministrará auga cara os depósitos xa existentes en Ames e Brión.  

Sisalde, en fase de redacción do proxecto construtivo da ampliación da actual depuradora
O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que se investirán seis millóns e medio de euros na ampliación da estación da depuradora de Sisalde. “Xa está redactado o anteproxecto e na actualidade estase elaborando o proxecto construtivo. Ademais o Concello xa dispón dos terreos necesarios para poder executar a ampliación, o que permitirá mellorar a calidade da auga do río Sar e duplicar os habitantes beneficiados”, apuntou Amor.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La planta potabilizadora de Ames y Brión funcionará antes del verano"
El Correo Gallego: "A Maía tendrá potabilizadora antes del verano y va a ampliar su EDAR"