Solapas principales

Comeza o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais que este ano ofrecen 17 modalidades

Lunes, 14 de septiembre de 2015

[14-09-2015] Ballet, baloncesto, fútbol sala masculino e feminino, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, ximnasia rítmica, aerobic, pilates, spinning, abdomináis e glúteos e ximnasia de mantemento son as disciplinas que ofrece a concellaría de Deportes para este curso 2015/2016. O prazo de inscrición comeza hoxe, 14 de setembro e alongase ata o venres, 18. Os interesados/as poden facer a súa inscrición tanto de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, no Pazo da Peregrina e na Casa do Concello, como por vía telemática, enviando un email cos datos personais -nome, apelidos, data de nacemento, DNI, teléfono e enderezo- do inscrito/a e do titor/a no caso dos menores de 18 anos, indicando en que actividade ou grupo quere inscribirse, aos correos electrónicos: deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal. Os interesados/as poden descaragar a ficha de inscrición na sección de avisos desta páxina web.

Cada persoa poderá inscribirse, como máximo en díuas escolas deportivas, sempre que non coincidan horarios. As prazas adxudicaranse a través dun sorteo público que se celebrará o luns 21 de setembro ás 12:00 no Salón de Plenos da Casa do Concello. Cómpre salientar que as prazas non se conceden por orde de chegada. As listaxes das persoas admitidas publicaranse o martes, 22 de setembro, nos taboleiros da Casa da Cultura do Milladoiro e nos do Pazo da Peregrina e a Casa do Concello, en Bertamiráns.

As persoas que por sorteo obtiveran praza deberán solicitar a folla de autoliquidación nos locais de inscrición ou nos correos electrónicos deportes@concellodeames.org e deportes.milladoiro@concellodeames.org . Con esta folla de autoliquidación realizarase o pagamento na entidade correspondente do 22 ao 25 de setembro. Unha vez que se pague a dita autoliquidación, non será necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Prezos e reducións
Os prezos das Escolas deportivas municipais por anos son os seguintes: menores de 18 anos: 32 euros, segundo membro menor de 18 anos; 16 euros, terceiro membro e restantes menores de 18 anos: 8 euros e maiores de 18 anos: 48 euros. Se a mesma persoa participa en dúas escolas, os prezos se reducen de xeito que unha persoa menor de 18 anos pagará por dúas actividades 48 euros, o segundo membro menor de 18, pagará por dúas actividades 24 euros e o terceiro e restantes, 12 euros. Os maiores pagarán polas dúas actividades 72 euros. En casos excepcionais e previo informe de Servizos Sociais poderase acordar a exención total ou parcial das tarifas.

As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura de Bertamiráns, no ximnasio do IES do Milaldoiro, nos Pavillóns Polideportivos de Bertamiráns e do Milaldoiro, no Pavillón do Colexio Alca, no Ximnasio Squash, no colexio Agro do Muiño e nos locais Sociais de Transmonte, Biduído e Aldea Nova, segundo a disciplina da que se trate. As clases omezarán na semana do luns 5 de outubro e rematarán na do 31 de maio de 2016, segundo corresponda.

Para obter máis información sobre As Escolas Municipais deportivas se pode consultar esta mesma páxina - www.concellodeames.gal - no apartado de avisos, enviar un mail aos enderezos electrónicos deportes@concellodeames.org e deportes.milladoiro@concellodeames.org , ou chamar por teléfono aos números 619 842 504 e 981 535 940.

Contido relacionado


"Abierta la inscripción en las escuelas deportivas"