Solapas principales

Ábrese o proceso de licitación para dotar do servizo de cafetería ao IES do Milladoiro

Viernes, 25 de septiembre de 2015

[25-09-2015] O instituto do Milladoiro disporá antes de final de ano do servizo de cafetería. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir a convocatoria para adxudicar este servizo de cara ao curso 2015-2016. Este proceso de licitación resolverase a partir do día 14 de outubro. O servizo de cafetería adxudicarase á oferta máis vantaxosa, tanto técnica como economicamente. O concelleiro de Educación, David Santomil, destaca que “deste xeito dáse cumprimento a unha das peticións das ANPAS deste centro escolar, que viñan reclamando dende a apertura do instituto que se dotase dunha cafetería”.

O servizo de cafetería prestarase nun local habilitado para tales efectos nas dependencias do centro e que ten unha superficie útil aproximada de 136 metros cadrados (o local da cafetería disporá de 108 m2; a cociña terá 12 m2; e o almacén conta cunha superficie útil estimada de 16 m2). O horario establecido para a prestación do servizo de xestión e explotación da cafetería será os días que haxa clase no centro. Polo tanto, abrirá os luns, mércores, xoves e venres, de 8:40 a 14:30 horas, e os martes de 8:40 a 18:15 horas.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “dende a dirección do IES do Milladoiro lle deron traslado de que a Xunta de Galicia acaba de abrir o proceso de licitación para dotar do servizo de cafetería ao IES do Milladoiro”. Santomil engade que “deste xeito dáse cumprimento a unha das peticións das ANPAS deste centro escolar, que viñan reclamando dende a apertura do instituto que se dotase dunha cafetería”.

A duración do contrato coincidirá co período de actividade académica durante o curso escolar 2015-2016, unha vez que o adxudicatario/a do servizo preste a súa conformidade ao presente documento, sen prexuízo da súa resolución anticipada por mutuo acordo das partes contratantes. O presente contrato non pode ser obxecto de prórroga. O canón anual mínimo establecido é de 377,20 euros. Ademais, o adxudicatario terá que contratar un seguro de Responsabilidade Civil por un importe mínimo de 20.000 euros.

Participación no proceso de licitación
Segundo informan dende o centro escolar, as empresas interesadas poden obter a documentación necesaria para participar neste proceso de licitación a través da web do IES do Milladoiro http://www.edu.xunta.es/centros/iesmilladoiro/node/380 ou na conserxería do instituto, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

As proposicións presentaranse nun sobre pechado na secretaría do IES do Milladoiro, ata as 14:00 horas do 13 de outubro de 2015, incorporando toda a documentación necesaria. Este proceso de licitación resolverase a partir do día 14 de outubro. O servizo de cafetería adxudicarase á oferta máis vantaxosa, tanto técnica como economicamente.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El instituto de Milladoiro tendrá una cafetería"