Solapas principales

O CIM contribúe a facer de Ames un municipio máis igualitario día a día

Jueves, 21 de enero de 2016

[21-01-2016] Un dos obxectivos do 2015 do Concello de Ames foi o de axudar a concienciar á poboación, homes e mulleres, da importancia de sumarse ao proceso de conseguir unha sociedade máis igualitaria. A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información da Muller, levou a cabo diversas accións para conseguilo: obradoiros, apoio a iniciativas externas, conmemoración de datas sinaladas e organización de charlas.

A propia concelleira, Luísa Feijóo, declara que "analizadas as crifras e o incremento da violencia de xénero que se da, sobre todo, nas idades máis temperás, nas que percibimos ademais unha concepción moi errónea do que é o amor e o que son as relacións de parella, somos conscientes de que temos que incidir aínda moito máis na educación, na sensibilización e na conciencia a prol de erradicar esta lacra social que é a violencia machista".

O CIM amesán é un dos piares municipais na loita contra a violencia machista, tanto na súa labor de asesoramento xurídico e psicolóxico á cidadanía amesá, como na súa labor na orientación profesional ou facilitando o aceso á información referente o acadar unha maior igualdade entre xéneros na sociedade. O CIM tamén tomou parte na organización das citadas charlas, obradoiros ou mostras de apoio a distintas iniciativas.

O luns 9 de marzo Ames uníase á Conmemoración do Día Internacional da Muller, coa lectura dun manifesto redactado coa participación de todas as agrupacións políticas e asociacións localis. O xoves, día 5 dese mesmo mes, na casa do Concello foi colocado un gran lazo morado como sinal de celebración de dita efeméride. O Día Internacional contra a Violencia Machista tamén foi conmemorado no municipio. Ese 25 de novembro a Casa do Concello, situada en Bertamiráns, e a Casa da Cultura do Milladoiro pintáronse de violeta. Ambas mantivéronse iluminadas ese día para mostrar a solidariedade amesá coas vítimas da violencia machista, así como o apoio a aqueles e aquelas que loitan por erradicala da sociedade.

A educación é considerada piar fundamental na construcción dunha sociedade sen discriminacións por razón de xénero. Os obradoiros organizados coa colaboración do Concello contaron coa asistencia de numerosos alumnos e alumnas dos centros escolares amesáns, tanto dos de primaria como dos de secundaria. Durante o mes de novembro tiveron lugar as V Xornadas: Igualdade e Prevención. Ao longo dos días 19 e 29 dese mes distintos profesionais: a escritora Teresa Moure, a socióloga e investigadora da UVI Silvia Pérez ou a educadora Aixa Permuy, da USC, foron algunhas das persoas invitadas que impartiron as distintas charlas e obradoiros. Ás charlas asistiron alumnos dos IES de Ames e do Milladoiro. Tamén neste último se realizou o Obradoiro Lila de Prevención da Violencia de Xénero, no que os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato falaron de roles de xénero, estereotipos, micromachismos e da prevención da violencia machista.

Ames foi, ademais, o primeiro municipio galego en adherirse á Marcha Estatal Contras As Violencias Machistas. Unha moción foi presentada pola vía de urxencia no pleno ordinario de setembro, no que se instaba ao Concello a responde á petición da Plataforma Feminista Galega de apoiar a marcha. O 7 de novembro tería lugar a citada Marcha Estatal Contra As Violencias Machistas na cidade de Madrid.

A axuda prestada polo do CIM ao longo do 2015
O Centro de Información da Muller amesán atendeu, ao longo do ano 2015, a 241 persoas, das cales 220 son mulleres. O 60% destas mulleres está entre os 25 e os 54 anos de idade.

O CIM de Ames abría as súas portas por primeira vez no ano 2014. As súas oficinas, situadas no Milladoiro, teñen un horario de atención ao público de 9:00 da 14:00 da mañá de luns a venres. Neste pasado ano abríronse no centro 197 expedientes. Recibíronse ademais máis de 200 consultas xurídicas. Moitas delas estaban relacionadas co ámbito do dereito administrativo: permisos de residencia, recursos, etc. ou co dereito de familia: divorcio, separación, anulación do matrimonio. O CIM ofreceu información acerca de como realizar unha solicitude de xustiza gratuíta; asesorou aos usuarios en materias de nacionalidade ou rexistro civil. Algunhas das consultas realizadas xiraron en torno a dúbidas sobre o regulamento do dereito laboral ou a seguridade social.

O centro proporcionou ademais atención psicolóxica a case 200 usuarios, dos cales 74 denunciaron ser vítimas da violencia machista. Moitas das persoas que acudiron ao CIM explicaban casos de problemas familiares (cos fillos e fillas ou coa familia extensa), tamén foron expostos numerosos casos de problemas de parella. 59 das persoas atendidas atopábanse nunha situación de depresión. Ás persoas que acoden ao CIM son tratadas a través de terapias e/ou seguimentos, realizados na súa maior parte de forma individual.

Entre as vítimas de violencia xurídica acodiron ao CIM quen solicitaba asesoramento xurídico, e quen precisaba e pedía asesoramento psicolóxico. O centro tamén se fixo cargo de informar aos usuarios acerca da violencia de xénero e da existencia doutros servizos, como o programa ATENPRO ou o Centro de Recuperación Integral.


Contido relacionado


"O Centro de Información á Muller vén de atender a 220 amesás"
La Voz de Galicia:"El Centro de Igualdade contribuye a reducir las diferencias"