Lunes, 06 de junio de 2016
[06-06-2016] Esta mañá o Concello de Ames recibiu a confirmación oficial de que a auga do río Tambre cao seu paso pola praia fluvial de Tapia xa é apta para o baño. O Servizo de control de riscos ambientais e de sanidade ambiental da Xunta de Galicia confirma que a zona xa non presenta niveis de esterocos intestinais perigosos para o ser humano. A raíz desta información o Concello retira a prohibición de baño nesta área recreativa que se viña mantendo dende o 23 de maio. A apertura oficial da praia fluvial de Tapia terá lugar o día 15 de xuño.