Solapas principales

Este sábado, 24 de setembro, haberá cortes no subministro eléctrico no Milladoiro (rúa do Francés e avenida de Rosalía de Castro)

Viernes, 16 de septiembre de 2016

[16-09-2016] O Concello de Ames informa á veciñanza de que a empresa Unión Fenosa realizará interrupcións no subministro eléctrico o sábado 24 de setembro. Os lugares afectados serán a rúa do Francés e maila avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.

Deste xeito, entre as 7:00 e as 11:00 horas do sábado 24 de setembro, Unión Fenosa efectuará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. Por este motivo deberán deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.

Para máis información ou para solicitar algunha aclaración pódese contactar coa mencionada empresa chamando ao teléfono 900 333 999. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso emitido por Unión Fenosa.