Solapas principales

Convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas de Ames (exercicio 2016)

Miércoles, 19 de octubre de 2016

[19-10-2016] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e a axuda consistirá no pagamento de 1.200 euros por unidade de convivencia. Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos seus fillos e fillas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

Os interesados e interesadas en acceder a estas axudas poderán presentar as solicitudes e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello, ou ben no rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, contado dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Hai que ter en conta que as bases desta convocatoria de axudas foron publicadas no BOP o día 20 de outubro de 2016. O prazo de presentación de solicitudes comenza o 20/10/2016 e remata o 20/11/2016. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte.