Solapas principales

Entréganse os premios do XI Concurso de Escaparates de Nadal 2016

Viernes, 17 de febrero de 2017

[17-02-2017] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, fixeron entrega na Casa da Cultura do Milladoiro dos premios do XI Concurso de Escaparates de Nadal 2016. Preto de corenta establecementos participaron no concurso de escaparates durante as pasadas festas de Nadal. A través desta iniciativa pretendeuse promocionar os establecementos dos dous núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro e animouse á veciñanza a consumir no comercio local.

Este ano participaron un total de 37 comercios (20 en Bertamiráns e 17 no Milladoiro) no XI Concurso de Escaparates de Nadal 2016. O primeiro premio recaeu na floraría Rosi Redondo, que obtivo 56 votos. O segundo premio foi para Puntadas de Marzo con 55 votos, mentres que o terceiro premio levouno Arola Moda e Complementos con 51 votos. Os gañadores destes premios fixéronse públicos o pasado 19 de decembro tralo fallo ditado polo xurado, que foi designado polas catros asociación de comerciantes e empresarios existente no concello.

Posteriormente, o 18 de xaneiro, tralo reconto dos boletos, déronse a coñecer os establecementos que recibiron o maior número de votos e polo tanto foron os gañadores do Premio Especial do Público. Estes galardóns recaeron nun establecemento de Bertamiráms e noutro do Milladoiro. Así, os gañadores foron La Lola, de Bertamiráns, con 152 votos, seguida de Adriá Florería e Verónica Asorey con 147 votos cada un, e Arola no Milladoiro, con 299 votos. Neste caso, no segundo lugar quedou Puntadas de Marzo con 131 votos. Estes dous comercios foron premiados con 200 euros cada un.

Por outra banda, realizouse un sorteo de tres cheques por valor de 300 euros cada un entre todas aquelas persoas que emitiron, polo menos, un voto para elixir o Premio Especial do Público. Así, os premiados/as foron Marta Pérez Vázquez, de Santiago de Compostela, Alejandra Iglesias Francisco, de Dodro, e Marcos Mesías Lista, do Milladoiro.

Premios do “Xogo de pistas”
Ademais, este ano como novidade, os establecementos participantes no XI Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2016, participaron nun Xogo de Pistas que consistiu en que a clientela tiña que atopar unhas fichas agochadas nos establecementos comerciais ata completar uns cartóns premiados con talóns por importe de 500 euros. En total completáronse 74 cartóns (22 en Bertamiráns e 43 no Milladoiro), dos cales 9 foron nulos.

Os representantes das asociacións de comerciantes e empresarios tamén foron os encargados de extraer os cartóns para designar ás persoas gañadoras destes tres talóns por importe de 500 euros cada un entre todas aquelas persoas que participaron no Xogo de Pistas. Neste caso as persoas agraciadas foron: José Ramón Brea Carrillo, de Ames, Montse Quintela Carracedo, do Milladoiro, e Fernando Ares Iglesias, de Santiago de Compostela.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Entregan los premios del concurso de escaparates de la campaña navideña"