Solapas principales

A Mancomunidade Serra do Barbanza fíxase como prioridade garantir un correcto servizo na recolleita do lixo

Jueves, 06 de abril de 2017

[06-04-2017] Debido ás deficiencias cada vez máis acusadas no servizo de recollida de lixo nos concellos que forman parte da Mancomunidade Serra do Barbanza, hoxe (xoves 6 de abril) pola mañá tivo lugar unha reunión en Lousame á que foron convocadas as nove alcaldías afectadas xunto coas súas secretarías e intervencións. Por porte do Concello de Ames asistiron a dita xuntanza o seu alcalde, José Miñones, así como a secretaria municipal e maila interventora.

A presidencia da Mancomunidade convocou esta reunión para dar resposta ao acordado na reunión de alcaldías celebrada o pasado martes, 4 de abril, en Muros e co obxectivo de estudar e avaliar as posibles medidas a adoptar de cara a garantir unha correcta recollida do lixo. A urxencia da convocatoria debeuse á inminente chegada de Semana Santa e á proximidade do verán, épocas nas que en moitos dos nove concellos a poboación se incrementa notablemente e as consecuencias dun deficiente servizo se agravarían.

Na reunión desta mañá quedou claro, unha vez máis, que a prioridade é garantir un correcto servizo, para o que se acordou que a Mancomunidade adoptará todas as medidas posibles, por extraordinarias que teñan que chegar a ser, para garantir a correcta prestación deste servizo básico, algo no que xa se está traballando dende ese mesmo momento dende a presidencia da Mancomunidade coa colaboración de todos os concellos afectados.

Non obstante o anterior, hoxe mesmo se lle ordenou á empresa que presta o servizo, FCC, que regularice de inmediato o servizo de recollida e se lle advertiu das posibles accións que levará a cabo a Mancomunidade en caso de incumprimento desta nova orde.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "FCC baraja alquilar 3 camiones para la recogida eficaz de basura"
La Voz de Galicia: "Ames prevé «medidas extraordinarias» si no se soluciona la recogida de basura"
El Correo Gallego: "Serra do Barbanza exige a FCC la recogida inmediata de basura"