Solapas principales

Apúntate no obradoiro “Hotel de insectos”

Miércoles, 24 de mayo de 2017

[24-05-2017] Este sábado, 27 de maio, desenvolverase o obradoiro hotel de insectos, no cal se construirá unha casiña polinizadora e trampas para a vespa velutina. Deste xeito, será o momento de que os participantes nas actividades do mes das abellas, poidan colaborar coas abellas. Este obradoiro desenvolverase nas instalacións da Aula Natureza, en horario de 10:30 a 14:00 horas. Para apuntarse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico o enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 660 004 665. Un autobús levará aos participantes ata a Aula da Natureza. Pasará ás 10:15h pola Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:30h pola praza do Concello de Bertamiráns. O regreso está previsto para as 14:00 horas.