Solapas principales

Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro dual de emprego “Creas”

Viernes, 21 de septiembre de 2018

[21-09-2018] O Concello de Ames publica as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro dual de emprego “Creas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Concellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Está promovido polo Concello de Santiago de Compostela e conveniado co Concello de Ames.

A través deste obradoiro, que terá unha duración de 9 meses, impartirase formación a 20 alumnos/as-traballadores/as (6 de Ames e 14 de Santiago) na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, pavimentos e albanelería de urbanización. Para a impartición de dito obradoiro haberá que contar tamén co persoal directivo, docente e de apoio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases.