Solapas principales

Xa se pode pasar a recoller o material da campaña “Ames en Negro”

Viernes, 16 de noviembre de 2018

[16-11-2018] O material da campaña “Ames en Negro” xa está dispoñible para a súa recollida na Casa do Concello, nos centros de Servizos Sociais de Bertamiráns e Milladoiro, e na tenda Cousalinda do Centro Comercial Novo Milladoiro.

O Concello de Ames participa, por terceiro ano consecutivo, na campaña En negro contra as violencias, que busca poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia de xénero en vésperas do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que se celebra o vindeiro domingo, 25 de novembro. Así, a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade ten programadas varias accións ao abeiro da campaña Ames en Negro, co obxectivo de concienciar sobre esta realidade, e convidar a toda a veciñanza amesá a que se una para mostrar a súa repulsa á violencia machista.