- Tematica
Os/as usuarios/as dos servizos complementarios durante o curso 2018-2019, que fixeran a renovación de praza para o curso 2019-2020 no prazo fixado para este fin, non deberán matricularse, pero si deberán comprobar que figuran nas Listaxes de renovados de cada servizo sen ningunha incidencia ou erro que deba ser emendado.
Por outra banda, os pais/nais dos nenos/as que figuran nas listas definitivas de solicitudes admitidas nos servizos complementarios para o curso 2019-2020, deberán cubrir e imprimir o impreso de matrícula na web: www.conciliames.org e presentala no rexistro do Concello xunto con toda a documentación solicitada. Para cubrir o impreso será necesario o IBAN, o BIC e os datos do/a titular da conta para a domiciliación dos recibos.
A matrícula pódese realizar tamén de xeito presencial no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na oficina municipal do Milladoiro. Para facer a matricula no servizo de comedor se xa se presentou a documentación para a baremación, non é necesario volver a entregala de novo.
As persoas que non dispoñan de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma online, terán a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso terán que chamar ao número de teléfono 981 884 991 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deberán achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou ás oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realizará estes trámites por eles de forma telemática.
Para máis información pódese poñer en contacto co departamento de Educación en Bertamiráns chamando ao teléfono 981 884 991 ou no enderezo electrónico educacion@concellodeames.gal.