Viernes, 27 diciembre, 2019
Ás 17.00 horas
- Tipo
- Tematica
O festival terá lugar na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro e está destinado a un público adulto. Levarase a cabo unha degustación de pratos de Nadal elaborados nos obradoiros de cociña, exhibicións das escolas Amessan e música.
O programa Amessan é unha iniciativa de envellecemento activo destinada a persoas maiores de 60 anos e/ou con algunha discapacidade, que inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de manualidades, así como obradoiros de música tradicional e de memoria.