Solapas principales

Novas e avisos de Ames, 10 de febreiro de 2020

AVISOS
Hoxe ás 12:00h gardarase un minuto de silencio diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas Xerais do Milladoiro por Clara Expósito Villanueva, segunda muller asasinada en Galicia no que levamos de 2020, e por Ana Morillas Mazuecos, asasinada este pasado sábado en Granada. Con elas ...
O servizo desenvolverase os días 6, 7, 8 e 13 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, durante as cales se organizarán varias actividades educativas e culturais destinadas aos cativos e cativos da casa. Ao pé desta nova tes toda a información necesaria para a inscrición, ...
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

O dispositivo móbil controlará os excesos de velocidade da N-550 ao seu paso por Milladoiro. Trátase dun dispositivo de última xeración que permitirá medir a velocidade en tempo real dos vehículos a través dun sistema wifi que conecta o equipo cunha táblet para coñecer os datos de forma ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación de tres proxecto, por valor de 281.518,59 euros, que se sufragarán con cargo ao POS+ adicional de 2019. Estas obras executaranse en diferentes lugares das parroquias de Biduído e A Ameixenda. Estes proxectos licítanse por lotes, pa ...

O departamento de Sanidade do Concello de Ames colabora co departamento de Medio Ambiente nunha nova andaina saudable pola Ruta do Reguiño. Terá lugar o sábado 15 de febreiro, con saída ás 10.30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Hai servizo de autobuses dende Bertamiráns ás 10.0 ...

O alcalde de Ames, José Miñones, e o representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL, veñen de asinar o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que une O Mercuto e A Folgueira (A Ameixenda). Estas obras están incluídas dentro do plan provincial POS+2019, ...

“Comerá o bebé?” é unha sesión de contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis encadrada dentro do programa Apego. Terá lugar o próximo xoves, 13 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, en dúas sesións: unha ás 17.30 horas e outra ás 18.30 horas. Unha actividade de ...

O Concello de Ames, a través da concellería de Educación, abre hoxe o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar e laboral Primavera Lúdica. O servizo desenvolverase os días 6, 7, 8 e 13 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, durante as cales se or ...