Solapas principales

Participa no concurso “Debuxa a túa Rosalía” que organizan as Bibliotecas municipais

Viernes, 19 de febrero de 2021

As Bibliotecas municipais de Ames organizan un concurso infantil de debuxo polo Día de Rosalía que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. O prazo para participar estará aberto dende o luns 22 ata o sábado 27 de febreiro. Aqueles nenos e nenas, de ata 12 anos de idade, que queiran participar, deben enviar o seu debuxo ao enderezo de correo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

O Concello de Ames organiza durante o mes de febreiro diversas actividades relacionadas coa conmemoración do Día de Rosalía de Castro, que se celebra o 24 de febreiro. Deste xeito, as Bibliotecas municipais súmanse a dita conmemoración  coa organización co concurso “Debuxa a túa Rosalía”. Trátase dun concurso co que a rapazada poderá desenvolver as súas destrezas artísticas.

Haberá dúas categorías en función das idades. A primeira, para participantes de 6 a 9 anos e outra para os nenos e nenas de 9 a 12 anos. Aquelas persoas que queiran participar deberán entregar o seu debuxo,  dende o luns 22 ata o sábado 27 de febreiro, a través do correo electrónico: biblioteca@concellodeames.gal. Tamén se poderá enviar unha mensaxe á páxina de Facebook das bibliotecas municipais.

Os debuxos expoñeranse na páxina do Facebook das bibliotecas municipais e os usuarios e usuarias serán quen decidan o gañador en función do número de “gústame” que teña cada publicación.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, ou chamar aos teléfonos 981 530 807 (Biblioteca do Milladoiro)/ 981 884 829 (Biblioteca de Bertamiráns).

Concurso Rosalía de Castro bibliotecas

Multimedia

  • Concurso Rosalía de Castro bibliotecas