Solapas principales

Novas e avisos de Ames, 18 de maio de 2021

NOVAS

Este venres, 14 de maio, membros do Goberno municipal de Ames, así como representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e da Asociación de Hostalería de Compostela asinan un acordo sobre o texto definitivo da futura ordenanza reguladora da ocupación de dominio público e espazos priva ...

O Concello de Ames colabora con REAS Galicia na organización do VI Encontro aberto da Economía Social e Solidaria, que se desenvolverá o próximo sábado, 22 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Haberá charlas dirixidas a representantes de pequenas entidades co fin de potenciar a r ...

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Ames é socio e ademais ostenta a Secretaría, organiza o ciclo virtual de webinars ‘A Axenda 2030 na cooperación municipalista’ co obxectivo de propiciar o achegamento entre as administracións locais socias e os parceiros ...

O pasado 1 de maio pechouse a primeira fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes, a través da cal se dinamizou e apoiou o comercio local de Ames. Dende o 1 de marzo ata o 1 de maio realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros. A maior parte destas operacións realizáronse no c ...

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o vindeiro luns 17 de maio, os/as alumnos/as de música e movemento da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), xunto coa súa profesora, María del Carmen Giadáns, e varios colaboradores; g ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o inicio do expediente de licitación das obras de renovación do pavimento dos viarios interiores do núcleo de Rúa, na parroquia de Piñeiro, por un importe de 276.576,75 euros. As obras executaranse a través do POS+ Adicional 2020. Esta obra forma par ...

A quinta edición de Enreguéifate está á procura de mozos e mozas que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Este proxecto, do que forma parte o Concello de Ames xunto co de Teo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Rianxo, ten como obxectivo revit ...

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou o ciclo “Sácalle partido o teu móbil”. A través de 4 cursos independentes pero relacionados, durante os meses de maio e xuño, ensinarase como sacarlle ...