- Tipo
- Tematica
Co galo das celebracións do Día do LGTBIQ, a obra “En otra piel” , do Teatro Foro Psiare representarase en Ames. O venres 18 de xuño, estará en Bertamiráns e o sábado 19, no Milladoiro. Ambas sesións celebraranse ás 20.00 horas. Xa se poden adquirir de balde os convites na billeteira electrónica do Concello.
“En otra piel” é unha representación do Teatro Foro Psiare na que se representa a diversidade de xénero. Durante 100 minutos, o elenco conta a historia de Álex, unha persoa trans, e o que lle ocorre en diferentes momentos da súa vida. Un pai incomprensivo, unha madre sobreprotectora, unha moza sorprendida, relacións sociais difíciles e problemas no traballo. ¿ Nós podemos ser un apoio para Álex?
O proxecto ten a finalidade de crear un espazo de reflexiób, intercambio e acción colectiva acerca de temáticas en igualdade e diversidade de xénero a través do Teatro Foro. A representación teatral é un recurso que pon de releve distintas realidades onde cada persoa ten o poder de transformar. Preténdese dar protagonismo ás persoas participantes para que se convertan en actores e actrices do cambio ante situacións de desigualdade de xénero.