Solapas principales

Cancélase por mor da previsión meteorolóxica a Xornada de Cultura Urbana do 22 de decembro no Anfiteatro de Lapido

Martes, 21 diciembre, 2021
A Xornada de Cultura Urbana, organizada pola OMIX para o 22 de decembro no Auditorio de Lapido cancélase por por mor das inclemencias meteorolóxicas, dado que a meirande parte das actividades previstas (Parkour Park, Skate Park, Slackline e Workout) precisan dun chan seco e é perigoso realizalas sobre superficies húmidas.

A Oficina de Información Xuvenil, que depende da concellaría de Mocidade, ten previsto poder recuperar a actividade ao longo do ano 2022.