Martes, 21 decembro, 2021
- Tematica
A Xornada de Cultura Urbana, organizada pola OMIX para o 22 de decembro no Auditorio de Lapido cancélase por por mor das inclemencias meteorolóxicas, dado que a meirande parte das actividades previstas (Parkour Park, Skate Parck, Slackline e Woorkout) precisan dun chan seco e é perigoso realizalas sobre superficies húmidas.
A Oficina de Información Xuvenil, que depende da concellaría de Mocidade, ten previsto poder recuperar a actividade ao longo do ano 2022.