Solapas principales

Novas e avisos do Concello de Ames, 29 de setembro de 2022

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo esta mañá unha xuntanza con Abou Dembel Sow, representante da cidade senegalesa de Saint-Louis, co fin de tratar sobre unha posible irmandade entre o Concello de Ames e Gandon, unha das localidades do departamento de Saint-Louis, no que viven arredor de ...

Este xoves, 29 de setembro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de setembro. En dita sesión plenaria a Corpo ...

A Carreira Pedestre Popular Concello de Ames volve na que é xa a súa vixésimo primeira edición, despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica. A proba, que se desenvolverá o próximo domingo 23 de outubro, contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real ...

O programa Apego amesán arrinca outubro cun obradoiro de arrolos co grupo de música infantil Mamá Cabra. Nesta actividade Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretarán e ensinarán cantos de berce cos que adormecer, aleitar, tranquilizar e gozar da música e da lingua nos primeiros días e m ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, informa sobre o resultado do sorteo para as actividades de ioga terapéutico que se van impartir en Bertamiráns (mañá e tarde) e no Milladoiro. As primeiras 10 persoas son as admitidas en dita actividade, mentres que as restan ...
O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova V. O Renova V é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e promovido polo Concello de ...
Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos ata o día 30 de setembro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. ...

DOCUMENTOS

 

AXENDA

As bibliotecas de Ames celebran o seu segundo encontro literario do curso 2022-2023 acollendo ao escritor Eduardo Estévez, que presenta o seu poemario “Venecia abandonada”, un libro CD con música do Grupo 1500. Será este xoves 29 de setembro ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertami ...

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organi ...

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns colle este xoves, 29 de setembro, ás 20.30 horas, un concerto do grupo de cámara Santa Lucia. Poderase gozar da actuación de Nicolás Otero ao clarinete e de Titus Mombächer ao violonchelo. Este espectáculo está promovido pola Rede española de ...