Solapas principales

Novas e avisos do Concello de Ames, 18 de marzo de 2024

NOVAS

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a primeira xuntanza da Comisión de Gobernanza do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para o impulso da nova produción audiovisual. En dito encontro, no que participou o alcalde de Ames, Blas García, e maila deputada de Industria, Empreg ...

Este pasado venres o alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse ata a nave da brigada municipal de obras. Alí puideron conversar con varios dos traballadores municipais despois de recibir o novo camión volquete con grúa e maila ...

A quinta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre celébrase este domingo 17 de marzo, cunha participación que bateu o récord de todas as edicións anteriores. En total 522 persoas, con 362 dorsais na modalidade trail e 160 entradas para a andaina.  O evento, organizado polo Concello ...

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa en 2024 con dous cursos dirixidos á rapazada e tres cursos para adultos. Os contidos céntranse no manexo de ferramentas dixitais como ...

O Concello de Ames abre ata o 1 de abril o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2024-2025, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertida ...

Esta pasada fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras o Campionato Galego Infantil, organizado pola Federación Galega de Karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo presentouse con seis deportistas que conseguiron volver a casa con sete medallas.

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións pública (LPACAP) e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do regulamento de uso e funcionamento da Factoría do Conc ...

AXENDA

O xoves 21 de marzo, Patricia Guerrero presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "El libro que tu perro quiere que leas", da editorial Grijalbo. Trátase dunha guía para coñecer e entender aos nosos compañeiros caninos. Para iso, a autora propón unha viaxe polo arquipélago Piracán, no q ...