Solapas principales

Novas e avisos do Concello de Ames, 3 de xuño de 2024

NOVAS

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este pasado xoves, 30 de maio, o pleno ordinario deste mes de maio. Esta sesión plenaria estivo marcada pola toma de posesión de Carlos García Vieito, como concelleiro do grupo municipal do BNG, e pola moción de reprobación da concelleira de Edu ...

“NON é culpable” é o motivo escollido pola Concellaría de Xestión do Medio Rural amesá para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as numerosas queixas recibidas sobre as molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes su ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, e maila fundación Aldaba, colaboran na organización da charla sobre acollemento familiar de nenas/os adolescentes a través do programa “En Familia”. Esta actividade vaise realizar o 6 de xuño no local da agraria de Bugallid ...

O proxecto “Modo galego, actívao!”, unha experiencia de inmersión lingüística na que participaron preto de 2.000 alumnos amesáns dos centros educativos de infantil e primaria, esténdese ata a Corporación municipal. As concelleiras e concelleiros de todas as agrupacións comprometérons ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2023-2024).

O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de xuño coa actividade “Foliada con Apego”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 7 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electróni ...

AVISOS

O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 7 de en varias parroquias do concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha ...
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 17 de xuño.