Solapas principales

Listaxes de admitidos/excluídos en Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024/2025 que deben presentar matrícula

Viernes, 21 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de preinscricións admitidas e excluídas nos servizos de Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Ao pé deste aviso adxúntanse as listaxes de prescricións admitidas e excluídas nos servizos Bos Días Cole (todos os centros), Tardes Divertidas (todos os centros) e comedor (todos os centros, excento o CEP de Ventín). No CEP de Ventín non se indica os admitidos/excluídos ata coñecer os espazos dispoñibles para o servizo. No caso das solicitudes pendentes de asignación e das solicitudes para o comedor de Ventín, avisarase individualmente á familia para formalizar a matrícula no caso de ser admitidos

Solicitude, preinscrición e matrícula

PARA FACER A MATRÍCULA (solicitudes admitidas na listaxe de prescricións)

PASO 1. Xerar a solicitude a través de www.conciliames.gal.

Tamén se poderá realizar este trámite de xeito presencial no Departamento de Educación situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns ou na Oficina Municipal de Milladoiro, para o que deberán solicitar cita previa no teléfono 981.891.476

PASO 2. Liquidar as taxas de matrícula

Solicitará Recadación Municipal, no enderezo electrónico ames@canaltributos.com, a autoliquidación de taxas para o(s) servizo(s) que vaia a matricular (12,00 por servizo e neno/a).

É condición indispensable o pago das taxas para facer efectiva a matrícula.

PASO 3. Rexistrar a solicitude debidamente cuberta e asinada a través de calquera dos rexistros aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para considerar firmadas as solicitudes presentadas mediante rexistro telemático, é preciso que os arquivos xerados coas solicitudes conteñan as firmas dixitais (as firmas manuscritas non son válidas se non veñen acompañadas da sinatura dixital).

PASO 4. Comprobar as listaxes de admitidos e excluídos:

Os usuarios que non aparezan como admitidos na listaxe definitiva perderán a praza para o vindeiro curso e por tanto, no caso de seguir interesados, deberán solicitar unha nova presentando unha solicitude de prescrición e o impreso de baremación (para o servizo no que sexa obrigatorio)

Non matricularen prazo suporá a perda da praza para o vindeiro curso.

PARA SOLICITAR A BONIFICACIÓN DE TAXAS

Aquelas persoas que desexen solicitar a bonificación de taxas para o curso 2024-2025, terán que presentar a solicitude cando formalicen a matrícula e entregar a documentación que se requira segundo o caso. Poderá consultar a documentación necesaria na paxina www.conciliames.gal.