Solapas principales

Gárdase un minuto de silencio en repulsa do asasinato machista do pasado venres en Coruña

Martes, 06 de agosto de 2024

Con motivo do crime machista acontecido na noite do pasado venres 1 de agosto na Coruña, o Concello de Ames convocou esta mañá, ás 11:00 horas, un minuto de silencio diante da Casa do Concello. Este pechouse cun aplauso e cunha declaración en repulsa da violencia de xénero.

O Concello de Ames convocou esta mañá un minuto de silencio diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, en repulsa do asasinato machista dunha muller de 74 anos o pasado venres 1 de agosto na Coruña. No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García, e os/as concelleiros/as do Goberno municipal Susana Señorís, Javier Antelo, Uxía García, Gustavo Nieto e Ana Belén Paz. Así mesmo, tamén asistiron Oliva Agra e Pablo Beiroa, concelleiros/as do Partido Popular de Ames;  Rosalía Seijas, do BNG de Ames; Luísa Feijo, de Espazo Común, e mebros do persoal municipal.

Desde a Plataforma Feminista de Ames convocaron unha concentración mañá mércores, 7 de agosto, ás 20:30 horas na praza da Maía.  

Este foi o primeiro asasinato por violencia machista en agosto despois de rexistrar sete en xuño e ocho o pasado mes de xullo. O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a 28 en 2024, e xa son 1.272 dende 2003.

Gárdase un minuto de silencio en repulsa do asasinato machista do pasado venres en Coruña