Solapas principales

Novas e avisos do Concello de Ames, 26 de agosto de 2024

NOVAS

Desde o ano 2007, o concello de Ames conta cun servizo de transporte adaptado que facilita as tarefas da vida cotiá a aquelas persoas con problemas de mobilidade, e que lles permite mellorar as súas condicións de vida. Para poder dispoñer de dito servizo, hai que reservar praza chamando ...

O Concello de Ames, co fin de dar a coñecer á veciñanza o gran tesouro patrimonial que son os petróglifos da Peneda Negra e de Monte Castelo, organizou unha visita nocturna en forma de ruta circular, para a cal se esgotaron as prazas en en poucos días. A Asociación cultural Colectivo a Rula ...

O Concello de Ames colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña de recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí. As entregas poderanse facer ata o xoves 29 de agosto, en horario de ma ...

AVISOS

Durante a noite a caída dunha árbore provocou a rotura lunha liña de media tensión, o que afectou a tres tramos de liña pertencentes ao concello de Ames: Trasmonte, Leboráns e Portanxil. A incidencia foi solucionada ao longo da mañá.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.