Tariku Novales Quinteiro (atleta): especialista en probas de fondo e media distancia foi un dos 7 deportistas galegos convocados polo Comité Olímpico Español, a través da Real Federación Española de Atletismo, para os Xogos Olímpicos de París despois de obter a marca mínima "A" batendo en 2023 o récord histórico de España de maratón en Valencia, sendo o primeiro deportista nacional en baixar das dúas horas e seis minutos, fixando o novo récord de España en 2 horas 5 minutos e 48 segundos. Os resultados máis destacados do 2024 foron un 5º posto no medio maratón internacional de Madrid e o magnífico posto de finalista na maratón de París nos Xogos Olímpicos.
Nuria Rábano Blanco (fútbol): futbolista profesional que xogou na tempada 2023-2024 como lateral esquerdo no VfL Wolfsburgo da Bundesliga (máxima categoría alemá) e na Champions League. Co VfL Wolfsburgo foi campioa da Copa e subcampioa da Liga e Supercopa alemá, xogando a maioría dos partidos en todas as competicións.
Guillermo Carracedo Robelo (padle surf): no ano 2024, acadou os seguintes resultados na modalidade de padle surf: 5º clasificado no Campionato do mundo individual ISA, subcampión do mundo coa Selección Española no mundial ISA, campión de España e campión Galego 2024.
Blanca Millán Modía (baloncesto): é unha xogadora de baloncesto de 1,85 de estatura, xoga na posición de escolta no Baxi Ferrol da Liga Femenina de baloncesto (LF ENDESA), máxima categoría do baloncesto feminino español. Xoga na posición de escolta e promedia nesta tempada 2024-25, 21,5 minutos, 10 puntos, 4,2 rebotes e 2,3 asistencias por partido. Tamén está a participar, nesta tempada, na Copa Europea Feminina da FIBA 2024-25.
Pablo Hernández Montenegro (baloncesto): na tempada 2023-24 xogou nas filas do Club Básquet Coruña da Liga LEB Ouro disputando 26 partidos cunha media de 7 minutos 21 segundos por partido, quedando o equipo 1º clasificado e ascendendo á ACB. Con 2,01 metros de estatura, xoga nas posicións de aleiro e ala-pivote e actualmente xoga no Palencia Baloncesto da LEB Ouro.
Hugo Novoa Ramos (fútbol): futbolista que xoga actualmente no Deportivo Alavés da Primeira División de España. Tras o seu paso polo filial do Villarreal C.F. na tempada 2023-2024, foi traspasado ao Deportivo Alavés en xullo de 2024. Nesta tempada, con 22 anos, leva disputados 5 partidos de liga co seu equipo na Primeira División, a categoría máis alta do fútbol español.